miércoles, 7 de marzo de 2012

TRIPLO SALTO


ESCOLA POLACA

Está baseada na velocidade, con parábolas de salto progresivamente ascendentes, pero cunha maior horizontalidade que os soviéticos, de aquí  a denominación de técnica de salto plano, para manter mellor o ritmo e a velocidade adquirida pola carreira de impulso.



Józef Szmidt

Nacido o 28 de marzo de 1835 en Miechowice, Brytom, Silesia. É un antigo atleta polaco especialista en triplo salto. Ten raíces alemás, polo que a miúdo se lle chama polo seu nome “alemanizado” Jozef Schimidt. Gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Roma (con 16,81 m) e nos de Tokio 1964 (con 16,85 m). Tamén gañou a medalla de ouro no campionato europeo de atletismo de 1962 (con 16,55 m).
Ten unha plusmarca do mundo, de 17,03 metros.


 


João Carlos de Oliveira

Naceu o 28 de maio de 1954 en Pindamonhangaba e morreu en São Paulo o 29 de maio de 1999. Foi marca mundial do mundo en triplo salto. En 1973 superou a marca mundial júnior de triplo salto no Campionato Sudamericano de Atletismo, cunha marca de 14,75.
En 1975, dous anos despois, nos Xogos Panamericanos da Cidade de México, conquistou a medalla de ouro no salto de distancia, coa marca de 8,19 m; e o 15 de outubro tamén conseguiu a medalla de ouro no triplo salto, coa incrible marca de 17,89 m, superando por 45 cm a marca mundial desta modalidade, que pertencía ao soviético Viktor Saneyev.
A súa carreira de atleta foi interrompida repentinamente o 22 de decembro de 1981, cando sufriu un accidente automobilístico. A súa perna dereita tívolle que ser amputada.
Despois da recuperación, graduouse en Educación Física e entrou na vida política sendo elixido deputado estatal da cidade na que anos despois morrería, polo Partido da Fronte Liberal no 86, sendo reelixido no 90.
Morreu en 1999 debido a unha cirrose hepática e infección xeneralizada, solteiro e con débedas financeiras. Aínda así, deixou dous fillos. E foi homenaxeado polos compositores Aldir Blanc e João Bosco coa canción “João do Pulo”.
A súa marca mundial só foi superada case dez anos despois polo americano Willie Banks con 17,90 m en Indianápolis o 16 de xuño do 85.




Willie Banks

Nacido o 11 de marzo de 1956 en Travis Air Force Base en California, creceu en San Diego e foi ao instituto Oceanside.
Era atleta de triplo salto. O 16 de xuño de 1985 conseguiu a marca mundial con 17,97 m na competición nacional de Indianápolis.
Acabou segundo no campionato NCAA no 77 e 78, e superou a marca mundial americana no 81.
Foi membro de equipos olímpicos no 80, 84 e 88. Participou na competición mundial de equipos no 83 e 97. Foi galardoado por Track & Field News e o Comité Olímpico de Estados Unidos como atleta do ano 85. Serviu ao atletismo de EEUU como presidente do comité asesor de atletas e vicepresidente da organización.
Banks sempre será recordado como un dos atletas máis extravagantes que competiron en atletismo. Foi o orixinario de aplaudir durante o transcurso dos eventos de atletismo. A súa exuberante personalidade sempre estivo presente nos seus saltos.
Willie aínda agora segue competindo, cun limpo e impresionante resultado de 14,00 m, á cabeza das listas do mundo de 2006, no grupo de 50-54 anos. Tamén gañou en 2007 a competición mundial de másters de atletismo, no mesmo grupo de idade.


           

Al Joyner

Nacido o 19 de xaneiro de 1960 en East St. Louis, Illinois. Atleta estadounidense especialista en triplo salto.
Comezou a destacar no atletismo cando estudaba secundaria no instituto Lincoln, da súa localidade natal. Máis tarde acudiu á Universidade Estatal de Arkansas.
En 1983 foi 3º. nos campionatos absolutos de Estados Unidos, tras Willie Banks e Mike Conley, e isto deulle dereito a participar nos Campionatos do Mundo de Helsinqui dese mesmo ano. Joyner foi 81 nesta competición cunha discreta marca de 16,76m.
Foi 2º. nas probas de clasificación do seu país para os Xogos Olímpicos de Los Ángeles, detrás de Mike Conley.
Xa nos Xogos Olímpicos, este último ano partira como favorito para o ouro. Pero a proba viuse prexudicada pola ausencia, a causa do boicot, de varios dos mellores triplistas do momento, como os soviéticos Oleg Protsenko e Aleksandr Yakolev, ou o cubano Lázaro Betancourt. Ao final, celebráronse o 17 de xuño e Al causou sorpresa gañando a medalla de ouro cun salto de 17,26 m. O seu compatriota Conley tívose que conformar coa medalla de prata, e o bronce correspondeulle ao británico Keith Connor.
Joyner era o primeiro estadounidense en gañar un ouro en triplo salto dende había oitenta anos.
Tras os xogos, non volvería obter grandes resultados en competicións importantes aínda que no ano 87 en San José, California, logrou realizar o mellor salto da súa vida con 17,53, que era a sexta mellor marca mundial dese ano.
Al Joyner é irmán da atleta Jackie Joyner-Kersee, gañadora de tres medallas de ouro olímpicas.
En 1987 casou coa tamén atleta Florence Griffith, e ambos tiveron unha filla chamada Mary Ruth.
Despois da súa retirada, foi adestrador de atletismo e levou a preparación da súa muller, despois de que esta rompera co seu adestrador de sempre. Morreu no ano 98.




Lucía Parcero Leites, 2º. C de ESO


 
Frank Foss

Frank Kent Foss (9 maio 1895-5 abril 1989) foi un atleta estadounidense  que competiu no  salto con pértega . Gañou o ouro nos Xogos Olímpicos de Verán de 1920, superando ao perteguista danés Henry Petersen. Foss estableceu unha marca mundial ao gañar o evento cunha altura de 4,09 metros. Logo de obter a vitoria, fixo unha nova marca de altura no seu terceiro intento.
Foss graduouse na Universidade de Cornell en 1917.



SALTO DE LONXITUDE





RANDY WILLIAMS


Atleta estadounidense de salto de lonxitude.


Gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1972 en Munich.


A súa mellor marca foi 8´34m; que dende que se logrou se segue mantendo como
marca mundial.






LUTZ DOMBROWSK


Atleta alemán, é o mellor da historia da Alemaña do leste.


Gañou a copa de Europa no 1979 e medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1280 en Moscú. 




CARL LEWIS


Estadounidense que gañou dez medallas nos Xogos Olímpicos, das cales nove foron de ouro. Tamén conseguiu dez medallas en campionatos do mundo, das que oito foron de ouro.


Obtivo marcas mundiais como saltador de lonxitude nos cen metros lisos; no 4 por 100
(relevos) e no 4 por 200 (relevos tamén).


Foi nomeado como deportista olímpico do século.


Conseguiu transformar o atletismo na súa categoría profesional actual; a que fai posible que os atletas poidan ter una carreira máis longa.




LARRY MYRICKS


Atleta estadounidense, campión nacional dos Estados Unidos e do mundo cunha marca de 8'52 m en salto de lonxitude.