sábado, 19 de mayo de 2012


Lanzamento de disco
Jay Silvester

   Naceu no 27 de agosto de 1937. Silvester foi o número un de Estados Unidos. A súa mellor marca é de 1960.




Edmund Piatkowski

   Naceu no 31 de xaneiro de 1936, gañou a medalla de ouro no sexto campionato Europeo. Rompeu a marca europea (57:89) e consegue a marca mundial (59:91). Dous anos despois volveu  superar a marca europea (60:47).



                                                                                                    Alejandro Rodríguez, 2º ESO C
                                                                                                    Raúl Rodal, 3º ESO C
Eric Randolph Barnes

   Eric Randolph Barnes, máis coñecido como Randy Barnes, (Charleston, 16 Xuño de 1966) é un atleta estadounidense especializado no lanzamento de peso. É o actual plusmarquista mundial da especialidade, tanto ao aire libre, cun lanzamento de 23.12 m conseguido no 20 de maio de 1990, coma en pista cuberta con 22.66 m. Conseguiu dúas medallas olímpicas, unha de prata en Seúl (1988) e outra de ouro, coroándose campión olímpico en Atlanta (1996).
   Cumpriu unha sanción de 27 meses despois de dar positivo nun control antidopante tras unha competición en Suecia.

TRAXECTORIA ATLÉTICA

   Comezou a lanzar no instituto. No ano 1985 lanzou uns impresionantes 20.36 m cunha bala de 5.44 quilos (12 libras) que lle correspondía lanzar pola súa idade. No mesmo ano, despois de graduarse, foi á universidade de Texas e conseguiu superar a marca da da súa categoría cun lanzamento de 21.88 m e un peso de 7.20 quilos.
   No ano 1998 foi seleccionado para participar nos Xogos Olímpicos de Seúl, nos que lanzou 22.39 m, conseguindo a medalla de prata por detrás do alemán Ulf Timmermann, que conseguiu lanzar 22.47 m.
   O 20 de maio de 1990 sobrepasa a marca ao aire libre de Ulf Timmermann, establecendo unha plusmarca de 23.12 m.
   Posteriormente, o 7 de agosto, nunha competición de Malimoe (Suecia), ao pasar o control antidopaxe, deu positivo por asteroides anabolizantes e foi sancionado con 12 meses de suspensión.
   Posteriormente empezou a participar en competicións de golf para golpear unha pelota o máis lonxe posible, conseguindo clasificarse para o Campionato do Mundo de 2005 de World Lony Drive Championship.




                                                                                Traballo orixinal de Eyob Vega de 2ºC
                                                                                Copiado por Brais Solla González de 3ºC
Edwin Corley Moses

   Edwin Corley Moses naceu o 31 de agosto do 1955, en Dayton, Ohio.
   É un atleta estadounidense retirado, especialista en 400 metros valos. Foi dúas veces campión olímpico (en 1974 e 1984) e bateu en catro ocasións a marca mundial ata deixala en 47,2 en 1983.
   Antes de dedicarse de cheo aos 400 metros valos, Moses competiu noutras probas, como os 110m valos ou os 400m lisos. En realidade competirá moi pouco en carreiras sobre 400m valos antes de darse a coñecer ao mundo nos Xogos Olímpicos de Montreal en 1976.
   Na cidade canadense sorprendeu a propios e a estraños, dominando a final celebrada o 25 de xullo de 1976 cunha superioridade insultante e batendo a marca mundial da distancia, que ostentaba o ugandés John Akii-Bua os Xogos de Múnic 1972. Cun tempo de 47,64, sacoulle máis dun segundo ao medallista de prata, o seu compatriota Mike Shine(48,69), e case dous segundos ao terceiro, o soviético Gavrilenko (49,45). Foi o único atleta de Estados Unidos que gañou unha proba individual en atletismo nestes xogos.
   Durante máis de dez anos foi o dominador absoluto desta proba. O 11 de xuño de 1977 bateu de novo a súa propia marca mundial en Westwood, California, deixándoo en 47,45.
   Pouco despois, o 26 de agosto, sufriu unha derrota nunha competición celebrada en Berlín ante o alemán Harald Schmidt. Á semana seguinte tomou a revancha sobre Schmidt derrotándoo na cidade de Düsseldorf por unha ampla vantaxe. Isto foi o inicio dun dos momentos victoriosos máis impresionantes da historia do atletismo e do deporte en xeral, pois durante os seguintes 10 anos permaneceu imbatido, sumando 122 victorias consecutivas ata que foi derrotado o 4 de xuño de 1987 no estadio Vallehermoso de Madrid por Danny Harris.
   Moses perdou a oportunidade de gañar a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Moscú en 1980 a causa do boicot político decidido polo seu país. A súa tería sido quizais a medalla máis segura dos Xogos, pois por esa época a súa superioridade sobre o resto era abafadora. A súa terceira marcado mundo estableceuna precisamente en 1980, en Milán, con 47,13.
   Moses gañou con facilidade o ouro nos I Campionatos do Mundo de Atletismo, celebrados en Helsinki, Filandia, en 1983. Pouco despois desta competición, o 31 de agosto estableceu na cidade de Coblenza, Alemaña, a súa cuarta e definitiva marca do mundo, con 47,02, precisamente no día do seu aniversario. Esta marca permanecería vixente ata que foi batida polo tamén estadounidense Kevin Young nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992.
   Ao ano seguinte, nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984 gañou o seu segundo título de campión olímpico, cunha discreta marca para el de 47,75, pero inalcanzable para os seus adversarios. Danny Harris foi prata(48,13) e Harald Scmidt bronce (48,19).
   Dos Xogos Olímpicos de Los Ángeles merece destacarse tamén que foi o deportista elexido para prestar xuramento olímpico na ceremonia inaugural. Fíxose popular a súa imaxe nunha comprometida situación, cando vítima do nerviosismo non recordaba as palabras que debía pronunciar, aínda que finalmente solucionou a situación.
   Malia a súa derrota en Madrid o 4 de xuño de 1987, ese verán seguiu sendo o mellor do mundo e revalidou en Roma o seu título de campión de mundo con 47,46.
   O seu título ano nas pistas foi 1988. Malia ser un veterano de 33 anos seguía sendo o favorito para gañar o ouro nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988. Non obstante non puido aguantar o pulo do seu compatriota Andre Phillips, que fixo a carreira da súa vida e con 47,23  levou a medalla de ouro, e tampouco co senegalés Amadou Día Ba, segundo, con 27,23. Edwin Moses tívose que conformar coa medalla de broncce(47,56) o que para el supoñía un fracaso en toda regra. Isto levouno a poñer fin á súa extraordinaria carreira deportiva, na que gañou absolutamente todo.
   Gañou os 400m valos en tres edicións da Copa do Mundo (1977, 1979, 1981).
   No seu país foi recoñecido co prestixioso Jesse Owens Award en 1981 e co Sullivan Awars en 1983.
   Moses tamén se distinguiu na loita contra a dopaxe no deporte. Despois de retirarse do atletismo probou sorte no deporte do bobleigh e en 1990 chegou a gañar unha medalla de bronce na Copa do Mundo celebrada en Winterburg, Alemaña, xunto ao seu compatriota Brian Shimer.
   Actualmente vive en Atlanta.




                                                                                                   Mariana Anzalone, 3º ESO C

jueves, 26 de abril de 2012

 CARREIRAS DE VELOCIDADE  


Helen Stephens

Multideportista e activa feminista cun alto compromiso na loita antisegregacionista (década de 1930).  

Fanny Blankers-Koen

Considerada a mellor atleta feminina do século XX; unha das poucas en lograr catro ouros na mesma olimpiada (década de 1940).  

Wilma Rudolph

Foi un exemplo de superación persoal. A polio deixouna, aos 6 anos, paralizada dunha perna, pero isto non lle impide conseguir tres ouros na Olimpiada de Roma na década de 1960.

Irena Szewinska

Atleta polifacética que participou en 5 olimpiadas conseguindo sete medallas en cinco probas distintas. No ano 1974 tiña as marcas mundiais dos 100, 200 e 400 m.    

  Florence Griffith

Posúe as actuais marcas mundiais en 100 e 200 m/lisos coas estratosféricas marcas de 10.49 e 21.34 (década de 1980).

Nawal El Moutawakel
É a primeira campioa olímpica árabe. Foi ouro con 54.61 en 400 m/valados (Los Angeles 84).  

Marita Koch

Considerada a mellor velocista branca, foi a primeira en baixar de 22 segundos no 200 e de 49 segundos no 400, marca mundial que aínda conserva (47.60, Camberra 85).

Merlene Ottey

Atleta que máis veces baixou de 11 segundos no 100, primeira da saga xamaicana, cunha carreira moi longa, xa que participou en 9 olimpiadas (Moscu 1980/Sidney 2000).

Gail Devers

Cunha carreira deportiva das máis lonxevas, consegue facer dobrete de 100 m/lisos e 100 m/valados no campionato do mundo de 1993.  


 
Cathy Freeman

Ídolo de Australia, gran defensora da causa aborixe (década de 1990).  



  CARREIRAS DE MEDIO FONDO



Hildegard Falck

Campioa olímpica (Munich 72), e marca do mundo en 800 m/l. Foi a primeira muller en baixar dos 2 mn. (1.58.5 no ano 71).  


 
Tatiana Kazankina

Primeira muller en baixar dos 4 minutos no 1500 con 3.56.0 (Montreal 76).

Jarmila Kratochvilova

Ten a marca do mundo máis antiga: 1.53.28 en 800 (Munich/83).  


 
Qu Yunxia

Posúe a actual marca mundial de 1500 con 3.50.46, ese mesmo ano foi campioa do mundo no 3000 m/l  (Stuttgart 93).



CARREIRAS DE FONDO

Grete Waitz

Posúe un campionato do mundo (Helsinqui 83), cinco títulos mundiais de cross e sete marcas mundiaisn(dúas en 3000, unha en 5000 e catro en maratón). Foi a primeira muller en baixar das dúas horas e media e conseguiu a súa mellor marca na maratón de Londres 83 con 2.25.28, ademais foi primeira en 9 edicións da prestixiosa maratón de “New York”.


Ingrid Kristiansen

 Primeira muller en baixar dos 31 minutos no 10000 (1984). Foi campioa do mundo desta distancia no 87.  

Paula Radcliffe

 Dúas veces campioa do mundo de cross e tres de media maratón, ademais de plusmarquista mundial de maratón con 2.15.25 (Londres 2003, leva competindo a alto nivel dende o comenzo dos 90 ata o 2010).  

Wang Yunxia

Campioa do mundo de 10000 no 93 e ouro olímpico no 5000 en Atlanta 1996, posúe a marca do mundo de 10000 con 29.31.78, sendo ademais a primeira muller en baixar dos 30 minutos.  

Meseret Defar

 Campioa do mundo de 3000 metros lisos en catro ocasións e campioa olímpica de 5000 en Atenas (04), considerada a mellor fondista do mundo xunto coa súa compatriota.

Tirunesh Dibaba

Participou nun campionato do mundo con só 15 anos, foi ouro olímpico no 5000 e no 10000 en Beijing (08) e gañou catro medallas de ouro en campionatos do mundo. Posúe a marca do mundo de 5000 con 14.11.15 (2008).  

Olga Kaniskina

Foi campioa do mundo en Osaka 07 e olímpica en Beijing 08, proba na que conseguiu ademais a marca olímpica en 20 km marcha con 1.26.31.    



PROBAS COMBINADAS

Jackeline Joyner Kersee

Primeira muller en superar os 7000 puntos no heptatlón, campioa olímpica e do mundo desta especialidade en dúas ocasións.Superoua marca do mundo en catro ocasións, a derradeira con 7291 puntos na olimpiada de Seul (1988). Está considerada ademais como unha das mellores saltadoras de lonxitude do mundo, cun mellor salto de 7,49 m (2ª mellor marca mundial) conseguida con 32 anos de idade en 1994.


 
SALTO

Tatyana Shchelkanova

Pulverizou a marca mundial en catro ocasións (6,48 no 61; 6,53 e 6,62 no 62 e 6,70 no 64), sendo a primeira muller que supera a barreira dos 6,50 m.

Vilma Bardauskiene

Primeira muller en superar a barreira dos 7 m no ano 1978 (7,07 m; e poucos días máis tarde 7,09 en Praga).  

Heike Drechsler

Extraordinario caso de precocidade deportiva, pois os 16 anos conseguiu a terceira mellor marca do mundo cun salto de 6,91 m, e aos 18 anos gaña o seu primeiro campionato do mundo (Helsinqui 83) , converténdose así na muller máis nova en acadalo. Será tamen un exemplo de lonxevidade deportiva, pois mantense na alta competición durante case un cuarto de século, liderando o ránking do mundo en lonxitude en sete ocasións, batindo ou igualando a marca mundial en tres delas e obtendo cinco medallas olímpicas, tres en lonxitude  (dous ouros e unha prata) e dúas en velocidade. A súa derradeira gran competición foi no campionato de Europa en Munich 2002, onde con 37 anos consegue un meritorio 5º posto (20 anos despois do 4º posto no seu 1º Campionato  de Europa no ano 1982).  

Galina Chistyakova
 Posuidora da nmarca mundial con 7.52 metros, conseguidos meses antes da olimpiada de Seul de 1988, onde sería medalla de bronce con 7.11, detrás das outras dúas grandes saltadoras de lonxitude(Jackie Joiner e Heike Drechsler).

 Ulrike Meyfarth

 Con só 16 anos gañou o salto de altura na Olimpiada de Munich, mellorando a súa marca persoal en 7 cm e establecendo unha nova marca mundial (1,92); despois dun baixón na súa carreira deportiva volve á alta competición no ano 75, e xa no 78 logra un salto de 1,95. No campionato de Europa (Atenas 82) establece unha nova marca do mundo, cun espectacular salto de 2,02. Volverá a ser campioa olímpica nos Angeles 84, conseguindo a proeza de ser ouro en dúas olimpiadas separadas 12 anos entre si.  

Stefka Kostadinova

 Entra na alta competición sendo aínda junior, mellorando a súa marca persoal en 10 cm e conseguindo un salto de 2,00 (4ª no ránking de 1984). O ano seguinte é o da súa consagración, ao facer 2,06 (sendo así primeira no ránking dese ano) e gañar o campionato do mundo de pista cuberta. En 1986 establece unha nova marca mundial con 2,08, e ao ano seguinte, nos mundiais de Roma, bate a súa propia marca con 2,09;  que segue vixente 25 anos despois.


Inessa Kravets

Foi ouro tanto no primeiro campionato do mundo de pista cuberta, como na primeira olimpiada onde o triple se incluiu como proba oficial. Bateu en tres ocasións a marca do mundo e aínda hoxe posúe o mellor rexistro desta especialidade, con 15,50 m logrados no campionato do mundo de Göteborg no ano 95.

Yelena Isinbayeba

 Foi a primeira muller en superar os 5 metros en salto con pértega e mellorou en 28 ocasións a marca mundial (13 en pista cuberta e 15 o aire libre)  deixando establecido o primeiro posto en 5,01  (Estocolmo 2012) e o segundo en 5,06 (mitin de Zurich 2009).
Gañou cinco campionatos do mundo e dúas olimpiadas, e foi considerada a mellor atleta do ano en tres temporadas.

LANZADORAS


Natalya Lisovskaya

Gañadora do lanzamento de peso na Olimpiada de Seúl e tamén de tres campionatos do mundo, posúe a actual marca mundial con 22,63 m, conseguida no ano 87. Ten así mesmo as catro mellores marcas de todos os tempos, todas elas por riba dos 22,50 m.

 Nina Romashkova

 Correspóndelle a honra de ter gañado para a URSS a primeira medalla olímpica en mulleres no ano 1952, facendo un lanzamento de disco de 51,42 m (marca olímpica nese intre). Un mes despois bate a marca do mundo en Odessa cun rexistro de 53,61. En 1960 volverá a ser ouro en Roma cun lanzamento de 55,10, nova marca olímpica.

 Gabriele Reinsch

Comezou a competir aos 14 anos en salto de altura e lanzamento de peso, de feito en 1981 foi subcampioa de Europa junior en peso, pero a súa especialidade é o lanzamento de disco, do que ten a marca do mundo establecido no ano 88 cunha marca de 76,80 m ( mellorando o anterior en máis de 2 m.

 Franka Dietzsch

 Gañadora de tres campionatos do mundo en disco o derradeiro deles en Osaka 2007  cando xa tiña 39 anos, o que a convirte na atleta de maior edade en lograr un ouro nun evento deste tipo; a súa mellor marca e de 69,51 m conseguidos no ano 99.  

Petra Felke

Bate en catro ocasións a marca mundial de xavelina (as dúas primeiras veces nunha mesma competición), foi campioa olímpica e marca olímpico en Seúl 88 cunha marca de 74,68 m. Ese mesmo ano foi a primeira muller en chegar aos 80 m; isto, xunto coas marcas dos  homes que excedían o longo das zonas de caída do artefacto, motivou o adiantamento do centro de gravidade para que as xavelinas planeasen menos (por iso existen marcas do mundo posteriores con distancias máis curtas correspondentes ao novo modelo de pica).

Osleidys Menendez

É considerada a mellor lanzadora de pica ata o momento pola consistencia das súas marcas. Comezou a lanzar con 12 anos, con 16 foi campioa do mundo en categoría xuvenil e un ano despois participou no campionato do mundo absoluto en Atenas conseguindo diploma olímpico. No ano 2001 bate por primeira vez a marca do mundo cun rexistro de 71,54, sendo a primeira muller en superar os 70 m despois do cambio de normativa de 1999. Posteriormente gaña o seu primeiro campionato mundial, no 2004 consegue o ouro na olimpiada de Atenas (con marca olímpica 71,53) e no 2005 gaña  o seu segundo campionato do mundo en Helsinqui establecendo unha nova marca mundial con 71,70 m, ata que foi superado por Spotakova.


 
Barbora Spotakova

Campioa do mundo de lanzamento de pica en Osaka 07 e olímpica en Pequín 08 e posuidora da marca mundial (72,28 m) co novo modelo de xavelina.  


 
Tatyana Lysenko

 En 2005 bate por primeira vez a marca mundial de lanzamento de martelo cun rexistro de 77,06, fazaña que repetirá dúas veces máis durante o verán do 2006, deixando a marca en 77,80 e proclamándose ademais campioa do mundo en Gotemburgo.


Anita Wlodarczyk

 Obtivo os seus primeiros resultados de nivel no ano 2007, pero foi no 2009 cando gañou o campionato do mundo de Berlín lanzando o martelo a 77,96 m, batendo ademais a marca do mundo. Mentres celebraba a saltos este éxito lesionouse escordando o nocello esquerdo. Recobrouse deste percance e un ano despois bateu  por segunda vez a marca que ela mesma posuía cun lanzamento de 78,30 m.



MELLORES ATLETAS ESPAÑOIS

CARREIRAS DE VELOCIDADE   

Sandra Myers

Atleta nacida en Estados Unidos, nacionalizada española en 1987 ao casar co seu adestrador español, foi a mellor velocista do noso país e aínda posúe asmarcas nacionais en 100, 200 e 400 m. Foi a primeira muller en facer pódium nun campionato do mundo (Toquio 91), onde conseguiu a medalla de bronce na proba de 400 m lisos cunha marca de 49.78.  


 
Glory Alozie

Atleta de orixe nixeriano nacionalizada española, fora prata na Olimpiada de Sidney, e xa como nacional logrou dúas medallas de prata nos mundiais de pista cuberta dos anos 2003 e 2006 en 60 m vallas e un ouro no europeo de aire libre de Múnich 2002.    


 
CARREIRAS DE MEDIO FONDO

Jose M. Abascal

 As dúas probas que teñen en España maior nivel e resultados son a marcha e o medio fondo, de feito Jordi Llopart conseguirá a primeira medalla nunha olimpiada (50 km marcha Moscú 80) e Abascal acadará a primeira medalla olímpica en pista na distancia de 1500 ao ser bronce nos Angeles 84. Foi campión de España en cinco ocasións ,e o gran rival de Jose L. González (iniciándose con eles a saga dos "Spanish fliers”). Retirouse en 1992 despois de participar nos Xogos Olímpicos de Barcelona, onde foi abandeirado precisamente xunto con Jordi Llopart Jose L. González.

Jordi Llopart

Temos que destacar a este atleta, non só por conseguir unha prata no campionato do mundo do ano 87, ou ser ata en cinco  ocasións campión de Europa en pista cuberta de 1500 ou 3000; senón por posuír unha das mellores marcas europeas de 1500 (3.30.92) conseguida co terceiro posto na mítica carreira de Niza, onde Steve Cram e Saïd Aouita foron os dous primeiros atletas capaces de baixar dos 3.30. Do valor deste corredor da fe a súa posesión da terceira mellor marca de Europa na distancia non olímpica da milla.


 
 Fermín Cacho

 Foi o sucesor natural de Abascal e J L González, considerado un dos mellores mediofondistas españois e especializado en 1500. Entre os seus logros están o primeiro ouro olímpico español en Barcelona 92 e a prata de Atlanta 96,  ademais das tres pratas en campionatos do mundo de pista cuberta ou ao aire libre (Sevilla 91, Stuttgart 93 e Atenas 97). A súa mellor marca de 3.28.95 conseguida en Zúrich segue sendo marca de España e de Europa nesta distancia.    
             

Mayte Martínez

 Considerada unha das mellores atletas españolas da actualidade, doce veces campioa de España de 800 (seis ao aire libre e outras seis en pista cuberta); é ademais a vixente plusmarquista nacional de 800 e 1.000 metros en pista cuberta. Os seus maiores éxitos foron a medalla de prata no Campionato de Europa de Múnich 2002, e os bronces nos mundiais de Birmingham 03 e Osaka 07 con nova marca persoal de 1.57.62.

Marta Domínguez

Campioa do mundo e terceira mellor marca no 3000 m/obstáculos cun rexistro de 9.07.32 (Berlín 2009).    


CARREIRAS DE FONDO  


 Julia Vaquero

Atleta galega de fondo que posúe aínda a marca de España de 5000 con 14.44.95 e o da distancia non olímpica de 2000 m, os seus maiores éxitos a nivel individual foron os dous subcampionatos europeos de cross dos anos 94 e 97, e por equipos o terceiro posto dese mesmo campionato.  

Martín Fiz

Primeiro atleta español que despois dunha boa traxectoria en probas de fondo pasou á maratón, popularizando esta proba e abrindo camiño a outros atletas como Abel Antón, Fabian Roncero ou Julio Rey. Entre os anos 93 e 99 gañou seis grandes maratóns, foi ouro nos mundiais de Gotemburgo 95 e prata nos de Atenas 97. O seu mellor posto olímpico foi o cuarto posto de Atlanta 96.

Abel Antón

Especialista en carreiras de fondo; no campionato de Europa de Helsinqui 94 foi ouro no 10000 e bronce no 5000, en maratón foi en dúas ocasións campión do mundo: Atenas 97 e Sevilla 99.

Fabián Roncero

 Quedou á sombra de Martín Fiz  ou Abel Antón pese a ter mellores marcas ca eles na maratón. A mala sorte e o dominio africano sempre lle impediron conseguir o éxito nas grandes competicións. Dos poucos momentos de gloria que tivo,  podemos destacar o bronce no campionato de Europa de cross no 2002, a pesar de perder a zapatilla ao inicio da proba; ou a victoria na San Silvestre Vallecana onde se anotou como corredor popular porque a organización non o invitara. Ten a marca de España de maratón con 2.07.26.

Isaac Viciosa

Único español que baixou dos 7.30 na distancia dos 3000 m ao bater, no ano 98, a marca de Europa cun tempo de 7.29.34, sendo cuarto nunha carreira que gañou Haile Gebresalasie.



MARCHA 

Josep Marín

É un dos primeiros grandes marchadores españois.  Foi subcampión do mundo no ano 1983 na proba de 50 km marcha e ese mesmo ano consegue bater a marca mundial cun rexistro de 3.40.46. Mantivo unha gran rivalidade co outro grande da época, Jordi Llopart. Participou en catro xogos olímpicos: Moscú 1980 (20 e 50 km marcha),  Los Ángeles 1984 (20 km), Seúl 1988 (20 e 50 km) e Barcelona 92. Actualmente é o responsable da RFEA do sector da marcha atlética, e adestrou a grandes marchadores como Valentí Massana ou  David Márquez, entre outros.  

Valentí Massana

 É un dos mellores marchadores, plusmarquista español de 50 km marcha cunha marca de 3.38.43, realizada no ano 94 nun circuíto urbano en Ourense. Foi medallista de 20 km en dous campionatos do mundo (ouro en Stuttgart 93 e prata en Gotemburgo 95), e en 50 km conseguiu o bronce na Olimpiada de Atlanta 96  


 
Francisco Javier “Paquillo” Fernández

Con 18 anos foi campión de España e subcampión do mundo junior de 10 km marcha, e aos dous anos seguintes conseguiu o campionato do mundo junior e o subcampionato europeo promesa de 10 e 20 km marcha respectivamente. Foi campión de España absoluto entre os anos 1998 e 2004, participou no 20 km marcha en tres olimpiadas e en catro campionatos do mundo, sendo o atleta español máis premiado en probas internacionais (foi prata olímpica en Atenas 2004, subcampión mundial en tres ocasións e obtivo dous ouros e un bronce en campionatos de Europa). Dende o 2002 posúe a marca de España de 20 Km marcha cun rexistro de 1.17.22, que tamén foi no seu día marca de Europa e do mundo.

Jesus A. García Bragado

É un dos marchadores coa carreira deportiva na élite máis longa. Participou en seis xogos olímpicos, contando o de Londres 2012, para o que xa está clasificado; e en dez campionatos do mundo, sendo ouro en Stuttgart  93, prata en Atenas 97 e Edmonton 2001 e bronce en Berlín 2009, sempre en 50 km marcha.    


 
 María Vasco

Grazas á súa capacidade e técnica natural marchando, participou no primeiro campionato do mundo con só 19 anos, e ao ano seguinte foi campioa de España absoluta en 10 km marcha e acudiu á súa primeira Olimpiada (Atlanta 96). Na súa segunda participación olímpica en Sidney 2000 conseguiu sorpresivamente o terceiro posto en 20 km marcha, sendo a primeira atleta española en conseguir unha medalla olímpica (participou en dúas olimpiadas máis sendo diploma olímpico en ambas). No 2004 foi terceira en 20 km na Copa do Mundo de marcha, e nos mundiais de Osaka 07 foi bronce nesta mesma proba. O seu derradeiro gran éxito foi o ouro nos 20 km na Copa de Europa de marcha,  posúe as marcas de España en 5, 10 e 20 km en rota e o de 3 km /marcha en pista.  


PROBAS COMBINADAS

Antonio Peñalver

Único especialista en probas combinadas gañador dunha medalla olímpica (prata en Barcelona 92), plusmarquista español desta especialidade e de heptatlón en pista cuberta.    



SALTOS

Iago Lamela

Foi especialista de triple e despois de lonxitude, especialidade esta onde conseguiu  medalla en catro campionatos do mundo. No ano 99 foi subcampión do mundo de pista cuberta e de aire libre coas marcas de 8,56 (marca europea) e 8,40 m. En ambas ocasións foi derrotado por Iván Pedroso.

Niurka Montalvo

 Atleta cubana nacionalizada española, especialista en salto de lonxitude, que participou en varios campionatos de mundo, sendo os seus mellores resultados o ouro en Sevilla 99 cunha marca de 7,06 metros, actual marca de España; e o bronce de Edmonton 2001. 


 
Ruth Beitia

Fixo a súa primeira marca de España no 98 cun salto de 1,89 m, marca que melloraria posteriormente en varias ocasións ata chegar á actual marca de España no aire libre dos 2,02  (S. Sebastián 07). Ese mesmo ano bate a de pista cuberta cun rexistro de 2,01, sendo de momento a única saltadora española capaz de superar a barreira dos 2 m. Os seus resultados máis brillantes foron o bronce no Campionato do Mundo de Moscú 06 e a prata no de Europa de Turín 09, ambos en pista cuberta.

Javier García Chico

 Conseguiu elevar o nivel da pértega en España axudando a que fora coñecida. O mellor momento da súa carreira deportiva chegou coa medalla de bronce conseguida na Olimpiada de Barcelona 92 cun salto de 5,75, superando por quinta vez a marca de España que posuía el mesmo. A marca de pista cuberta superouna ata en nove ocasións, deixándoa tamén no 92 en 5,77,. Foi 50 veces internacional e 13 veces campión de España (nove delas en pista cuberta).  

LANZAMENTOS  

Manolo Martínez

 Tamén coñecido como "Supermanolo", é o mellor lanzador español de peso. Durante unha temporada tentou probar coa técnica rotatoria pero non se acomodou e volveu á lineal; a súa mellor marca é 21,47 m (2002), actual marca de España; é o máis internacional dos nosos atletas, xa que participou en 4 olimpiadas e 7 campionatos do mundo, e é no de París 03 onde consegue a medalla de ouro, o seu mellor resultado ata o momento.  

 Mario Pestano

Lanzador de disco, campión de España todos os anos entre o 2001 e o 2008. Ten superado a marca de España ata en 8 ocasións (a primeira con 20 anos). A derradeira foi no campionato de España do 2008 deixándoo nos actuais 69,50 metros.


 
  Mercedes Chilla

 Oito veces campioa de España en lanzamento de pica, o seu mellor resultado foi o 3º posto  no campionato europeo de Gotemburgo 06 (ese mesmo ano fora bronce na copa de Europa de inverno e na de verán, sendo a primeira atleta española en conseguir medallas en probas internacionais na modalidade de lanzamentos). Posúe a actual plusmarca nacional con 64,07 metros, feita no 2010 superando a de 63,20 metros que ela mesma posuía.