jueves, 16 de febrero de 2012

Arthur  Duffey

Era campión de 100 m e da AAU dende 1899. De camiño a París, tamén gañou o título da AAU inglesa. Porén, tras dominar as roldas previas, rompeu na final olímpica cando ía á cabeza e tivo que asistir impotente á vitoria do seu compatriota Frank Jarvis. Nos anos  seguintes, Duffey acumulou triunfos nos campionatos de EE.UU., Inglaterra, Irlanda e Asturias. En 1902 converteuse no primeiro en correr en 9.3/5s, pero o seu enfrontamento con James Sollivan provocou en 1904 a súa descualificación “por profesional”. Isto privouno dunha segunda oportunidade olímpica. Cun asañamento inaudito, Sullivan logrou, ademais, que o nome de Duffey fose borrado do palmarés de títulos e marcas da AAU.

Diana  Santomé


Ana Parcero


No hay comentarios:

Publicar un comentario