Robert Beamon
Robert Beamont (nacido en Nova York, o 29 de agosto do 1916) é un atleta estadounidense coñecido pola súa marca mundial no salto de lonxitude, na que acadou o que se chamou "O salto do século" conseguido nos Xogos Olímpicos de México (1968) cun rexistro de 8,90 metros , mellorando en cincuenta e cinco centímetros a marca anterior.
Dave Nielson
No ano 1974, todas as revistas atléticas reproducen unha fotoserie do atleta Dave Nielson na que emprega un salto mortal por requirimento do seu adestrador e analista mecánico Ton Focker, que preconiza as súas vantaxes mecánicas sobre as técnicas convencionais, se ben o regulamento da IANF prohibe este tipo de salto.
Breixo Pastoriza Carballo, 3º.B de ESO
Ralph Boston Harold
Ralph Boston naceu o 9 de maio do 1939 en Lauren, Mississippi, é un atleta americano. Era un atleta estrela, recordado polos seus éxitos nos saltos de lonxitude durante a década dos sesenta. Foi o primeiro afroamericano en ser incluído no Salón da Fama dos Deportes, en Mississippi.
Como estudante da Universidade Estatal de Tennessee, Boston, gañou o título de salto de lonxitude en 1960 do Nacional Colegiate Athletic Association. En agosto do mesmo ano, rompeu a marca mundial no evento, realizado por Jesse Owens durante vinte e cinco anos.
Clasificouse para os Xogos Olímpicos do verán en Roma, onde obtivo a medalla de ouro no salto de lonxitude.
Entre os xogos olímpicos, Boston gañou a Amateur Athletic Unión (AAU) do campionato nacional en salto de lonxitude de 1961, 1962, 1963 e 1964. Tamén obtivo o maior salto triplo para un estadounidense en 1963.
Aínda que Boston perdeu tanto o título nacional como o ser o número 1 en 1968, seguiu competindo. Aos vinte e nove anos gañou unha medalla de bronce, ao rematar terceiro detrás de Bob Beamon e Klaus Beer nos xogos olímpicos do 1968 en México. Pouco despois destes xogos, Boston retirouse.
Igor Ter-Ovanesian
Saltador de lonxitude ucraíno, naceu en Kiev, o 19 de marzo de 1938. É fillo dun atleta que foi campión soviético de lanzamento de disco.
Igor deuse a coñecer en 1955 cando, con dezasete anos de idade, saltou 7,04 metros .
En 1956 asistiu co equipo soviético aos xogos olímpicos de Melbourne e foi finalista en salto de lonxitude. Dous anos despois, foi campión de Europa, en Estocolmo, con 7,81 metros , título que repetiría en 1959. En 1960 sufriu unha fractura de tibia e peroné.
Ariadna Ortiz

No hay comentarios:
Publicar un comentario