George Gray
Sempre baixo o dominio dos atletas británicos, a disciplina do lanzamento de peso sufría certa parálise en canto a rexistros de calidade se refire, ata que apareceu por primeira vez un atleta non británico, a figura indiscutible do canadense George Gray, que se recoñeceu como mellor lanzador do século XIX cunha marca de 14,76, alcanzada en Ottawa, o día 1 de agosto de 1898.
O gran campión do XIX foi o canadense (fillo de escoceses) George Gray. E é que, malia que non puido acudir nunca aos xogos olímpicos, este atleta relativamente lixeiro (85-90 kg para 1,83) acumulou 17 títulos canadenses,10 de EUA e unha da AAA inglesa. Bateu 8 veces a marca mundial (dende círculo) entre 1888 e 1898 levándoo dende 13,76 ata 14,75 m , marca que xa perviviu ata o século XX.
Foi proclamado campión mundial ao bater aos campións de Inglaterra, Irlanda e EUA e retirouse imbatido tras dezasete anos de competición con 188 medallas e trofeos nas súas vitrinas.
Xavier Antepazo Nogueira
Ismael Pereira Entenza
No hay comentarios:
Publicar un comentario